logo-pura-mel-sacra-negativo

A tradición convértese nunha forma de vida...

Cando o bisavó Xosé, alá polo ano 1895, se decidiu a segui-los pasos dos romanos, que foron os primeiros habitantes destas terras que se adicaron á recolecta do mel, e construíu as primeiras colmeas de cortizo coas suas propias mans, sen sabelo, comezou unha tradición familiar, que continuou o seu fillo, o noso avó Xaquín, xunto coa avoa Pura, poñendo todo o seu empeño en seguir co coidado das abellas, para facer perdurar no tempo a tradición apicultora desta familia, seguir coidando eses cortizos e recoller de maneira artesanal o mel natural, que neles producían.

Así pasaron os anos, ata que o noso pai, Antonio, comezou a descubrir que o uso de transxénicos, produtos químicos e pesticidas non era respectuosos co medio ambiente, polo que comezou a buscar novas localizacións para os seus apiarios, en lugares afastados dos usos destes novos produtos químicos, que, por aquel tempo, estábanse a facer cada vez mais comúns.

"Preservar o ben máis preciado: a natureza"

Aquí, todo empezou a coller outro rumbo e xa non valía calquera sitio para colocar as colmeas. Debía preservar as abellas e o seu traballo de lugares que puidesen entrar en contacto con estes novos axentes químicos. O benestar das abellas e a calidade do seu mel, converteuse así no principal obxectivo do traballo diario, para seguir recollendo un mel puro e natural, sen que se vise afectado por calquera cousa que non fose natureza.

O noso pai soubo transmitir moi ben todos eses valores e inculcarnos a importancia do benestar das abellas e da calidade do produto, por riba de todo o demais. E con estas premisas seguimos traballando, xa na cuarta xeración desta familia, inculcando estes valores tamén á seguinte xeración, que xa se interesa por estes animais traballadores e ordenados, tan importantes para a nosa subsistencia e para a recuperación dos nosos recursos naturais. Lola sería a imaxe da quinta xeración. Unha nova xeración chea de paixón, que siga aproveitando tódolos avances técnicos para seguir coidando de PURAMEL, sen perder nunca de vista o respecto polo rural, polas abellas e o coidado da maior xoia que nos rodea: A NATUREZA.

Mel tradicional

Mel con noces

Mel con améndoas