logo-pura-mel-sacra-negativo

A Ribeira Sacra. Un lugar tocado polos deuses.

No sur da provincia de Lugo, e bañadas polas augas do río Miño, atópase a Ribeira Sacra, un lugar tocado polo ceo, no que conflúen paraxes impoñentes como os canóns do Sil, ou paisaxes que albergan unha das maiores concentracións europeas de igrexas e mosteiros medievais, os cales crearon unha cultura do viño que hoxe é unha das bandeiras da zona, con ladeiras en pendentes impensables cheas de vides, que conforman unha paisaxe asombrosa e única.

Diversas épocas forman parte do entorno no que nos atopamos, dende a prehistoria e os primeiros poboadores que nos deixaron as Mámoas de As Cabanas, ou Castro Candaz, ata a decisiva presenza romana, que marcou a estética e a tradición cultural da zona, deixándonos unha herdanza tan importante como a elaboración de aceite, a olería, ou aportes enxeñeiros brillantes, coma o túnel de Montefurado. Pero o seu propio nome ven dado polo asentamento nas beiras dos principais ríos galegos de cenobios, que se converteron en berce da cultura dun tempo, e que hoxe son auténticos tesouros pétreos que nos amosan o noso pasado, e que calquera visitante pode desfrutar, xunto cas importantes manifestacións artísticas que albergan.

"Unha reserva da Biosfera. Un lugar privilexiado."

Pois nesta terra privilexiada, convertida pola UNESCO en Reserva da Biosfera, e dentro dunha zona exclusiva, en Puramel colocamos as nosas colmeas. Rodeadas de bosques autóctonos e prados, lonxe de toda contaminación exterior, e buscando lugares privilexiados, protexemos as abellas para que poidan completa-lo seu ciclo natural da forma mais pura.

A gran biodiversidade, baixo a influencia dun clima atlántico – continental, pero con microclimas mediterráneos reinantes nas zonas de ribeira, fan que atopemos unha flora propia, como por exemplo os grandes bosques autóctonos e milenarios de castaños e carballos, tamén con presenza de toxos, breixo e xesta, mesturadas con variedades mais propias dun clima mediterráneo como sobreiras, arbustos, aciñeiras, laranxos e oliveiras, lavanda, e un interminable número de plantas medicinais e aromáticas e multitude de baias silvestres como arandos, amoras negras ou escaramuxos.

Toda esta variedade floral, aporta as proteínas precisas as colmeas e nutre ó noso mel de características e propiedades exclusivas, que o converten nun prezado ben alimenticio, que queremos achegarvos.

Mel tradicional

Mel con noces

Mel con améndoas