logo-pura-mel-sacra-negativo

Mel tradicional

11,25 

Recollemos e envasamos mel puro e cru de alta calidade, que provén das nosas colmeas. Natural 100%, sen tratamentos térmicos, aditivos ou conservantes, cun alto Valor Polínico Floral (VPF), toda unha xoia da riqueza ambiental da flora silvestre do corazón da Ribeira Sacra (Galicia).

Cunha textura grosa e unha cor ámbar escuro con tons avermellados, posúe un aroma moi intenso e persistente, ideal para tomar a diario nos nosos almorzos, acompañando ás nosas torradas ou endulzando de maneira natural os nosos cafés ou infusións. A súa dozura natural combina á perfección con queixos azuis.

Tarro de 425gr