logo-pura-mel-sacra-negativo

Mel que respecta ás abellas e ó medio natural

O respecto ás abellas e o primordial para nós, por iso cremos na apicultura biodinámica, na que se respecta o equilibrio natural da colmea, alimentándoa co seu propio mel e permitindo o seu instinto de enxame e de segregación natural da cera. A nosa maneira de traballar segue sendo a mesma dende fai 4 xeracións, asumindo sempre a importancia do animal sobre todo o demais, proporcionándolle un entorno libre de substancias químicas, adecuándonos ás innovacións tecnolóxicas actuais e seguindo un estrito control sobre cada colmea e a súa trazabilidade.

Respectando estes ciclos naturais, sen a intervención de ningún factor externo e aportándolle ás abellas todo o preciso para o seu benestar, obtemos Puramel: Un mel cru, totalmente natural e libre de calquera tipo de impurezas, traballando unicamente dende o saber dos nosos devanceiros, e seguindo os seus métodos e a súa propia forma de elaboración, para poder ofrecer un produto á altura dos mellores meles do mundo, sen mesturar nin pasteurizar, e cun filtrado en frío para non perder ningunha das propiedades e beneficios deste mel, producido por abellas autóctonas criadas por nós mesmos.

Seguindo este método, cada ano comezando o outono, levamos a cabo a cata das nosas colmeas, o que nos permite coñecer o estado, tanto físico como químico, do noso mel, así como unha idea da cantidade que podemos colleitar, e da que temos que deixar para que a colmea se alimente durante o inverno que está a punto de chegar. Para preservar o noso sistema de apicultura local e coidar dos nosos animaliños, cada ano sae á venda unha cantidade limitada de mel, que varía, dependendo da floración e das condicións meteorolóxicas do ano en curso.

"Facendo mel, facendo cultura"

Sabemos que o cultivo do mel pertence a un mundo tradicional e cunha cultura propia, e así queremos que siga. Todo ese saber facer que nos aporta pertencer a unha familia de apicultores nunha terra de fonda tradición de produción de mel, o seguimento dos mesmos procesos para que a intervención humana no produto e nas colmeas sexa mínima, e o respecto polo animal e polo medio ambiente forman esa “pequena” diferenza, que fan que Puramel sexa un mel exquisito, puro, e totalmente natural.

Para nos, a apicultura é unha forma de vida, e desta maneira, lévanos a manter unha investigación continua; Dende o monitoreo da floración local, á escolla das localizacións para as nosas colmeas, e dende a preservación do noso ecosistema local, á mellora dos métodos utilizados e á produción orgánica. Tratamos de que o noso traballo non sexa soamente comercializar un produto, senón transmitir, respectar e crear unha cultura para vivir e axudar a que o noso entorno poda mellorar un pouquiño mais.

Mel tradicional

Mel con noces

Mel con améndoas